07 Dezembro 2009
30 Novembro 2009
25 Novembro 2009
Cambio no banquillo

Logo da dura derrota contra o Montañeros na casa e en vista de que o proxecto deste ano non remata de tirar para diante, o clube decidiu no mediodía do luns cesar a Roberto Aguirre como adestrador da equipa.
No seu lugar está xa confirmada a presencia de Pablo Alfaro, ex-xogador do Sevilla, ben coñecido pola súa dureza no campo por todxs xs que o vimos xogar. Dende aquí desexámoslle a máxima sorte posíbel ao novo adestrador, xa que a súa sorte será a nosa. Agardamos que sexa capaz de impoñer no vestuario o seu carácter no campo como xogador e, a falta dun gran xogo, alomenos teñamos uns xogadores que lle boten collóns.
Sorte Pablo Alfaro!
23 Novembro 2009
19 Novembro 2009
D.E.P. Ivan Khutorskoy

O pasado luns 16 de Novembro será outro dia negro na historia do antifascismo internacional. Nesa noite foi asasinado en Rusia o compañeiro Ivan "Vania Kostolom" Khutorskoy, de 26 anos de idade. Nunha nova mostra da impunidade e colaboración coas forzas do poder destes grupos, o compañeiro foi asasinado de dous tiros na cabeza na entrada da súa casa.
Segundo o Instituto de Acción Colectiva, Khutorskoy fora asaltado ata en tres ocasións antes de ser asasinado a sangue fría. En 2005 con navallas, destornilladores e incluso bates de beisbol non conseguiran rematar con el, e este ano volveu ser acoitelado sen éxito durante unha pelexa, polo que os fascistas tiveron que recorrer ás armas de fogo a pasada noite.
Desde aquí o máximo respeto e apoio ao movemento antifascista ruso, que as está a pasar moi putas nos últimos anos. A súa luita é a nosa, e é a de todxs xs que temos cerebro.
A mellor homenaxe, continuar a luita!
Etiquetas:
antifascismo
Subscrever:
Mensagens (Atom)

